sábado, 17 de noviembre de 2012

@s anticapitalistas na Folga Xeral en Vigo

[Crónica escrita polo noso compañeiro Manuel Alonso da nosa participación en Vigo]

Esquerda Anticapitalista Galega en Vigo participou activamente nunha Folga Xeral que logrou a paralización da industria e o comercio da cidade e a mobilización da ampla masa de traballadores ao longo das 24 horas que durou. 

O noso bloque na manifestación unitaria.
Nós comezamos as 21h do día 13. Unímonos ao piquete que tiña por obxectivo a entrada da quenda de noite en PSA-Citroën, un dos emblemas da industria viguesa e centro neurálxico do sector da automoción en Galiza. O piquete estaba formado por unhas 70 persoas e a súa repercusión foi nula, pois os traballadores da fábrica xa levaban unha hora dentro. En calquera caso, o éxito da folga no transporte e nas empresas auxiliares que abastecen a PSA-Citroën provocou a paralización da produción antes de rematar a quenda nocturna. Un dos obxectivos máis importantes en toda folga para a cidade e que non se conseguira nas anteriores, parar a produción de coches, conseguiuse, aínda que non fora pola participación activa na folga dos seus obreiros, o que demostra, por unha banda, as tendencias oorporativas nos traballadores da factoría PSA Citroen, e por outra banda a incapacidade para aportar solucións de resistencia aos cada vez máis numerosos precarios na fábrica. 

Despois da nosa actividade en Citroën, participamos na asemblea da CIG e no seu piquete nocturno, que tivo como obxectivo asegurar o peche de todos os establecementos do centro da cidade. Piquete tranquilo e sen incidencias polo seguimento masivo que da folga fixeron bares e cafeterías.  
Faixa no CC Camelias

Rematado o piquete nocturno, e despois de dedicar a madrugada a preparar as accións do día, participamos nun piquete estudantil en institutos e universidade, asemade de pechar os poucos negocios que abriron nas inmediacións dos centros de estudos .A cidade tiña aspecto de domingo. O piquete xuvenil supón un paso adiante na construción da maioría social dende os máis xoves. 

As 11:00 xa nos atopamos preparados para participar nunha manifestación unitaria das tres grandes centrais sindicaisonde 150 mil persoas e multitude de organización de esquerdas amosaron a súa oposición as políticas de austeridade. Antes saíra outra manifestación de sindicatos minoritarios, con escasa afluencia de xente debido ao tirón que tivo entre a clase traballadora a manifestación convocada polos sindicatos de masas. 


Piquete unitario da tarde






Faixa nunha sucursal do Banco Santander
As 17hs estamos no piquete unitario que percorrerá as rúas do centro da cidade. Convocado polos sindicatos, a el únense outros colectivos coma nos e persoas que non están organizadas, pero que están motivadas para participar activamente na xornada de folgaCos comercios e bares do centro pechados como mostra do éxito da folga nos diriximos ao Corte Inglés, que abrira as portas despois do mediodía. Alí e onde se producen os primeiros incidentes: hooligans e xoves desclasados fan barricadas no medio do piquete e prenden o primeiro colector, o que se traduce na división física do grupo e a perda de parte da xente que estaba a participar no piquete. Máis tarde, e despois do lanzamento de consignas reaccionarias contra os sindicatos por parte dos elementos lumpen, o piquete rómpese. A CIG, dando unha mostra de feblezaretírase e fai o seu propio piquete, perdendo a oportunidade de erixirse como unha forza capaz de aglutinar a rúa e a todos os traballadores que carecen dun referente organizativo, pero que comezan a tomar conciencia. Nós consideramos completamente lexítima a violencia por parte dos de abaixo, tanto para defenderse como para atacar ao capital; pero para nos é un medio, non un fin. Os sucesos de onte non foron unha resposta de masas, senón a acción dun grupo alleo ao movemento e con ansias de protagonismo. 

Tamén participamos activamente na convocatoria da folga,
      colando en Vigo preto de 1000 cartaces e 2000 autocolantes.

Remataba así unha folga que, se ben en parámetros convencionais non amosa cifras espectaculares pola perda de presenza da industria no tecido laboral, os seis millóns de parados e máis os precarios que non teñen posibilidade de elixir, si que tradúcese nun éxito en canto a mobilización masiva dos traballadores, un éxito no paso adiante no crecemento dunha base social combativa e un éxito pois estamos ante a primeira xornada de folga internacional do século XXIFolgas como son importantes para acumular forzas e reconstruír á esquerda e ao movemento obreiro. Motivos de esperanza para as loitas que se aveciñan. 

Agora faise necesario recoller os froitos da xornada e trazar un plan de loita sostida, con consignas concretas, como deter os recortes, derrubar ao goberno de Rajoy ou anular o pago da débeda.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario